Concello de Vimianzo
21 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

A memoria da auga

A memoria da auga

A carón da fonte de Vimianzo,
as campesiñas de Traba
venden as trenzas loiras da terra
engarzadas de allos
miúdos coma pérolas dun val mariño.
Hai tamén limóns bravos,
atlánticos,
caídos dun solpor salgado.
E pementos verdes
con lapas do poente na pel.
A carón da fonte de Vimianzo,

a peixeira de Santa Mariña
estende un brazo que remata en dourada
de ollos transparentes.
No prato da balanza,
pousa a loriga da xarda.
Hai nun cesto un planeta afogado.
Polo cano da fonte de Vimianzo,

canta o cego das feiras
a saudade do mar.


(MANUEL RIVAS, Costa da Morte Blues; 1995)

As terras de Vimianzo foron motivo de inspiración para diversos escritores, que souberon encontrar nestas paraxes a esencia literaria dun pobo cunha inxente bagaxe cultural e histórica. Autores de diferentes épocas situaron a súa obra nas terras vimiancesas.

A continuación preséntanse algunhas citas literarias nas que aparece Vimianzo, xa sexa como trasfondo espacial ou ben como tema principal.
Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X