Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
E mandará Deus aos anxos
que separes os bos dos maos.
E poñerán a uns a un lado co santo Abel,
cos mártires,
co pobre Lázaro.
Aos outros, con Caín,
co emperador tirano
e co rico avarento.
Á dereita Pedro e á esquerda Xudas,
o infame.
¿Ata cando?, preguntarán os condenados.
E os señor aclarará a voz nun vaso de auga:
Por sempre e ata o fin.
E rematado todo,
chegaremos nós,
os rezagados,
o queixume dun carro de Soneira
no xa desértico val de Josaphat.
(MANUEL RIVAS, Costa da Morte Blues; 1995)