Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
Na visita ao Fórum Carballo o alumnado/traballador recibiu información dos certificados de profesionalidade que se imparten no centro, facendo fincapé nas actividades formativas da familia profesional da madeira, moble e corcho.
Tamén visitaron as instalacións do espazo de traballo Coworking Carballo, impulsado pola Concellaría de Promoción Económica e incluído na Rede Provincial da Deputación da Coruña.
O Programa de emprego Xuventude polo Emprego está cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, nun 91,89% con cargo ao Programa Operativo de Emprego Xuvenil, a través dunha subvención concedida pola Xunta de Galicia.