Do 30-10-2024 ao 30-10-2024
Dentro da actuación denominada "Mantemento e mobiliario urbano en Vimianzo" o alumnado/traballador da especialidade de Instalación de elementos de carpintería realiza obras de mellora como son o arranxo de bancos e substitución de valados.
O Programa de emprego Xuventude polo Emprego está cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, nun 91,89% con cargo ao Programa Operativo de Emprego Xuvenil, a través dunha subvención concedida pola Xunta de Galicia.