O alumnado/traballador do Programa de emprego "Xuventude polo Emprego" participa na campaña Agresión Off, iniciativa da Consellería de Emprego e Igualdade que ten como obxectivo sensibilizar á poboación contra a violencia sexual.
O Programa de emprego Xuventude polo Emprego está cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, nun 91,89% con cargo ao Programa Operativo de Emprego Xuvenil, a través dunha subvención concedida pola Xunta de Galicia.