Concello de Vimianzo
23 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Centro socioformativo de Reboredo

Neste ano 2020 foi executada a actuación que permitiu crear unha aula de cociña no edificio municipal que antigamente estivera dedicada a escola no núcleo de Reboredo (Salto, Vimianzo).

Esta inversión complementa ao resto do edificio, que conta con dúas salas amplas na planta alta, dous locais na planta baixa e un cuarto de baño. Ademais, existe un patio que antes estaba parcialmente cuberto cun porche, rodeado dun muro alto e ao que se accede desde o exterior por un gran portalón.

O proxecto da valor á edificación existente, unha bonita casa de pedra, antigamente dedicada a escola, creando novos usos.

SUBVENCIONADO A TRAVÉS DE:


DENOMINACIÓN DO PROXECTO: 
ACONDICIONAMENTO PARA CENTRO SOCIOFORMATIVO DE REBOREDO


USO DE FERRAMENTAS TICS

Para a divulgación do espazo e das actividades do Centro Socioformativo de Reboredo empréganse:

  1. Facebook
  2. Instagram
  3. Youtube
  4. Newsletters

Para o desenvolvemento das actividades empregaranse diferentes ferramentas tics off e on line:

  • Formularios de inscrición on line.
  • Documentos colaborativos on line.
  • Canal en youtube para divulgar as receitas e resto de actividades.
  • Elaboración de fotos e videos e tratamento con ferramentas diversas.
  • APP para descargar recieitas e actividades.
  • Confección de libros dixitais dispoñibles on line.

E-MAIL DE CONTACTO: correo@vimianzo.gal

OBXECTIVOS E RESULTADOS

  • Poñer en valor unha parte do patrimonio arquitectónico do rural do Concello de Vimianzo.
  • Crear un espazo formativo en materia de gastronomía e hostalería.
  • Crear un espazo de uso social que aproveita as dependencias existentes e as complementa.
  • Poñer a disposición das mulleres e outros colectivos un espazo para actividades formativas, divulgativas, de lecer e de encontro.
  • Contribuír ao envellecemento activo da poboación local e así alongar a súa independencia.


ACTIVIDADES

A continuación damos exemplos das actividades que se poden desenvolver na instalación:

  • Obradoiros de cociña para o emprego
  • Obradoiros de camareiro/a para o emprego
  • Obradoiros culturais de cociña
  • Obradoiros de consumo e alimentación responsable
  • Exposicións
  • Presentacións
  • Encontros
  • Actividades lúdicas, culturais e recreativas

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X