Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
VIDAS PERDIDAS
"Naceu muller nunha aldea enxebre. Medrou axiña e casou mociña.
De cativiña soñaba con ir á escola, aprender, cantar, bailar, pintar, escribir mil historias que a outros fixeran soñar, mais estudar non puido, desfrutar tampouco, tan só traballar, traballar e traballar. Serva obediente de pais, home, fillas e netos, que pouco ou nada lle agradecían todo canto ela se desvivía.
E xa velliña, soíña decote a carón da cociña, agardando ilusionada visitas que nunca viñan, pensaba nesa vida nunca vivida, matinaba que pra nada valía, iso se dicía, ou sería que iso sempre lle fixeron sentir, e ela non sabía máis que asentir?"
AMENCER
"Naceu muller nunha aldea, como tantas outras.
María, sentada nunha cadeira, miraba a lúa. Confesións nocturnas que só escoitaría a brisa do verán.
Orgullosa de si mesma, levantouse e pechou a ventá. Por fin, a escuridade e as bágoas que a acompañaron dende que lle prometera amor ao home que xurou facela feliz quedaban atrás.
Un profundo suspiro de alivio xurdiu dos seus adentros. Un novo amencer, unha nova luz e unha María como única protagonista."