O alumnado/traballador da especialidade de Instalación de elementos de carpintería, dentro da actuación de "Mantemento de mobiliario urbano de Vimianzo", quixo colaborar na conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, pintando uns bancos cuns lemas reivindicativos.
O Programa de emprego Xuventude polo Emprego está cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, nun 91,89% con cargo ao Programa Operativo de Emprego Xuvenil, a través dunha subvención concedida pola Xunta de Galicia.