Colócanse os carteis de sinalización das actuacións que se levarán a cabo durante o desenvolvemento do Programa de emprego.
Xuventude polo Emprego é un programa mixto de emprego e formación dirixido a mellorar a empregabilidade, a cualificación e a inserción profesional dos mozos e mozas inscritos no Sistema nacional de garantía xuvenil.
Recíbese unha subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria que se enmarca dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo para o período 2014-2020, nunha porcentaxe do 91,89%.