O Concello de Vimianzo está a traballar na elaboración do Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES).
O municipio súmase a desenvolver liñas de acción que fagan fronte á crise climática e aproveitar osbeneficios sociais e económicos que ofrece a transición ecolóxica para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas.
Estas medidas traerán consigo unha redución das emisións CO2 nun 40% para o 2030, que suporá un aforro enerxético e amellora da calidade de vida dos cidadáns e cidadás.