Concello de Vimianzo
26 de decembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

OBRADOIRO DE EMPREGO XUVENIL

Os Concellos de Vimianzo, Camariñas e Muxía conseguiron unha subvención para levar a cabo o programa de emprego ‘Xuventude polo emprego’, que permitirá formar a un total de 16 mozos e mozas (8 por especialidade).

A sede estará en Vimianzo, pero as prazas repartiranse de xeito equitativo entre Vimianzo, Camariñas e Muxía.

Desenvolveranse dous módulos:

  1. DESENVOLVEMENTO DE APLICACIÓNS CON TECNOLOXÍA WEB(certificado de profesionalidade NIVEL 3),cuxo requisito de accesoé estar en posesión dalgún dos seguintes:

      • Título de Bacharel.

      • Certificado de profesionalidade de nivel 3.

      • Certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia e área profesional.

      • Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao superior ou ben superar as correspondentes probas de acceso reguladas polas administracións educativas.

      • Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e/ou de 45 anos.

      • Ter superado as competencias clave.

  1. INSTALACIÓN DE ELEMENTOS DE CARPINTERÍA(certificado de profesionalidade NIVEL 2),cuxo requisito de accesoéestar en posesión dalgún dos seguintes:

    • Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.

    • Certificado de profesionalidade de nivel 2.

    • Certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional.

    • Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio ou ben superar as correspondentes probas de acceso reguladas polas administracións educativas.

    • Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e/ou de 45 anos.

    • Ter superado as competencias clave.

As persoas que desexenparticipar nestes obradoiros deberán estar inscritas na oficina de emprego de Cee como interesadas en participar nos obradoiros, incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e cumprir os requisitos de acceso indicados anteriormente.

Todo o alumnando terá un contrato de traballo durante a súa formación, a cal está prevista que se desenvolva do 15 de setembro de 2020 ao 14 de setembro de 2021, con 1920 horas lectivas.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte http://www.afiprodel.org/
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X