A crise sanitaria desatada polo coronavirus vai máis alá da urxencia de atender ás persoas enfermas e de frear a pandemia. Ten consecuencias nos hábitos de vida, no valor do fogar, na actividade económica e no emprego. Hai un antes e un despois desta situación e debemos prepararnos para encaixar a nosa sociedade neste novo mundo.
Desde o Grupo de Goberno do Concello de Vimianzo non queremos que as nosas empresas desaparezan. Unhas teñen que estar pechadas, debido ás medidas do estado de alarma, pero outras seguen traballando e loitando para manterse vivas. Por iso, neste período de confinamento, desexamos facer visibles os productos e servizos que as empresas de Vimianzo seguen ofrecendo.
Como?
- Publica o teu post no Facebook, Instagram e/ou Twitter da túa empresa e anuncia os teus produtos, servizo, ofertas...
- Menciónanos ou avísanos
- Emprega o #EmpresasDeVimianzo
- Compartirémolo nas nosas redes e entre os nosos contactos!
Máis información en Promoción Económica:
- Tel. 981. 716.001 (ext. 1220)
- Correo: desenvolvemento.local@vimianzo.gal
Ademais, estamos traballando, xunto con outros concellos nun plan de futuro á medida das nosas posibilidades, para seguir unidos e adaptándonos a este novo mundo.