Concello de Vimianzo
3 de decembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Formación confinamento: non quedes parado/a e aproveita para formarte dende a casa!!

Nestes días de confinamento, no que a maioría de vós disporedes de máis tempo, podedes aproveitar para completar formación ou preparar probas que teñen convocatoria aberta ou que abrirán ao longo deste 2020, aquí vos deixamos acceso a algúns recusos formativos de interese, así como información de exames e probas.

Formación online

  • Cruz Vermella. A Cruz Vermella ofrece en aberto os seguintes cursos en liña sen dereito a diploma:
  • Google Actívate: 33 cursos gratuítos, moitos deles con certificado, e de categorías variadas como: desenvolvemento persoal, marketing dixital e datos e tecnoloxías. 
  • Centro de Criptoloxía Nacional (CCN-CERT): cursos gratuítos de ciberseguridade e outras materias teconolóxicas. 
  • Escuela de la Organización Industrial: recolle contidos formativos de maneira aberta e sen custo económico para que poidas seguir mellorando as túas competencias ou adquirir novos coñecementos. 
  • Cámara de comercio de A Coruña: cursos de varias categorías e de pago. 
  • Aula Mentor: cursos de varias categorías e de pago. 
  • UDEMY: plataforma online con máis de máis de 100.000 cursos en vídeo online. Hai cursos de pago e gratuítos. 
  • Grupo Adams: Cursos gratuítos en liña para traballadores e activo ou situación de ERTE 
  • ISSGA: Cursos en liña de Prevención de Riscos Laborais nivel básico (60 horas). Fan varias edicións ao longo do ano. 
  • REDE CEMIT: A rede CeMIT ofrece cursos gratuítos online na súa plataforma EMA, así como o material formativo para preparar o CODIX.

Exames e probas

A rede CeMIT publicou na súa plataforma de teleformación (http://cemit.xunta.gal/ema) os materiais formativos que baixo a modalidade de “Autoformación” podedes empregar como material de apoio para a preparación destas probas.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
28
29
30
31
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte http://www.afiprodel.org/
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X