Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
Recoñecido escritor nacido na Coruña en 1957 moi ligado a Vimianzo, pois viviu durante moitos anos no lugar de Urroa (Vimianzo), desde onde escribiu, e aínda escribe, moitos dos seus exitosos libros.
Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid, comezou a súa carreira xornalística con tan só 15 anos. Foi colaborador de varios xornais e actualmente mantén unha columna semanal no diario El País.
No eido da literatura foi membro fundador do grupo poético Loia e da revista do mesmo nome, na que apareceron os seus primeiros poemas. Escribiu poesía, novela, relato e xornalismo literario. A Costa da Morte e Vimianzo están presentes en moitas das súas obras, entre outras do libro de poemas Costa da Morte Blues, dos relatos de Que me queres, amor?, ou da novela O lapis do carpinteiro. Escritor de gran proxección exterior pois algúns dos seus libros foron traducidos a varias linguas.
Algunhas das súas obras foron levadas ao cine e ao teatro, como é o caso de A lingua das Bolboretas ou O Lapis do Carpinteiro.
Acadou numerosos premios literarios (Premio de Poesía Nova O Facho, 1979; Premio Leliadoura, 1989; Premio Torrente Ballester de Narrativa, 1995; Premio Nacional de Narrativa, 1996; Premio da Crítica Española, 1998; etc.).
Desde o ano 2009 é membro electo da Real Academia Galega.