A direción xeral de Orientación e Promoción Laboral (Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia) ven de comunicar a concesión dunha subvención por importe de 191.951,00 euros para levar a cabo o Programa integrado de emprego dirixido exclusivamente a mulleres de Camariñas, Muxía e Vimianzo 2017. Este programa vaise desenvolver ata o 30 de novembro de 2018.
Usuarias
As mulleres desempregadas usuarias deste programa serán seleccionadas de entre as que remita a Oficina de Emprego de Cee para tal efecto, sendo os colectivos destinatarios os seguintes:
- 5 mulleres con discapacidade
- 25 mulleres menores de 30 anos con baixa cualificación
- 15 mulleres menores de 30 anos
- 20 mulleres maiores de 45 anos
- 20 mulleres perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou RAI
O obxectivo de inserción é do 35% das usuarias. 30 mulleres deberán atopar emprego durante o prazo de 12 meses contados desde o inicio do programa, sexan contratadas por conta allea por una duración non inferior a tres meses ou inicien una actividade por conta propia ou formando parte como socias traballadoras ou de traballo dunha cooperativa ou sociedade laboral, durante o programa ou nos tres meses seguintes á súa finalización.
Actividades, ocupacións e perfís laborais prioritarios para o proxecto
As accións do proxecto enfocaranse a sectores que demandan recursos humanos na zona e a nichos de emprego emerxentes:
Servizos a persoas. Ocupacións relacionadas coa vida diraria , coa dependencia e coa conciliación da vida laboral e familiar.
Industria. Ocupacións relacionadas coa industria alimentaria e a outroas.
Servizos. Ocupacións relacionadas co comercio.
Pesca e agrogandeiría. Ocupacións vinculadas á diversificación e a suma de valor do sector primario e a cobertura de necesidades das explotacións.
Hostalería. Ocupacións relacionadas co turismo e a hostalería.
Vivenda. Ocupacións relacionadas co marco da vida diaria das pesoas: limpezas nos fogares, mantementos de xardíns, etc.
Accións do programa
As usuarias serán beneficiarias de diferentes accións encamiñadas á súa inserción laboral. A continuación relaciónanse:
Información, orientación e asesoramento
Formación transversal en novas tecnoloxías e/ou idiomas
Técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego
Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista.
Fomento da capacidade emprendedora.
Prospección empresarial
Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes.
Formación para o emprego (mínimo 300 horas)
Prácticas profesionais non laborais en empresas
Talleres de mobilidade laboral