- Superficie: 11,6 Km²
- Habitantes
- Lugares: A Areosa, Carnio, Colúns, O Arxomil, O Refoxo, Pedra Cuberta, Quintáns, Sandrexo, Treos, Treviño, Xora.
A parroquia de Treos limita ao norte con Tines e Salto, ao leste co concello de Zas, ao surleste co concello de Zas, ao suroeste coa parroquia de Serramo e ao oeste con Vimianzo.
Treos é unha parroquia rural dedicada basicamente ao sector primario.
Nesta parroquia atopamos o Dolmen de Pedra Cuberta, considerado un dos máis importantes monumentos megalíticos da Península, pertencente ao IV-III milenio antes de Cristo estudado polo matrimonio alemán George e Vera Leisner, que atoparon no seu interior unha serie de pinturas e gravados.
Outro dolmen desta parroquia é o de Pedra Moura de Carnio, pertencente ao IV-III milenio a. C.
En canto á fidalguía local temos a Casa de Xora, da que só queda como testemuño a capela de San Xosé; a Casa de Osende en Treos, cun escudo na fachada, e a Casa dos Calzada en Quintáns.
No lado oeste do lugar de Quintáns podemos ver a igrexa parroquial, con base estrutural romana, nunha bonita paraxe.
Festas: San Miguel (setembro), Santa Lucía (26 de decembro), Corpus (xuño), San Xosé, en Xora (19 de marzo).
Os datos deste apartado foron sacados de:
A Terra de Soneira, no corazón da Costa da Morte (varios autores, Xosé Mª Lema, coord. ),
Os mellores pazos da Costa da Morte (Xosé Mª Lema),
A arte relixiosa da Terra de Soneira (Xosé Mª Lema) e
do Instituto Nacional de Estatística (datos de poboación de 2012).