- Superficie: 22,90 Km²
- Habitantes
- Lugares: A Braña, A Carballa, Casas Novas, Novelle, O Comareiro, O Pinal, Quitiande, Rebelle, Serramo, Subeiro, Xallas.
A parroquia de Serramo limita ao norte con Treos, ao leste co concello de Zas, ao sur coa parroquia de Baíñas e ao oeste coa parroquia de Cambeda.
Serramo é unha parroquia rural dedicada ao sector primario.
A pegada megalítica está presente nesta parroquia co dolmen de Pedra da Lebre, datado do IV – III milenio a.C.
En canto á fidalguía local nesta parroquias estaban as Torres do Comareiro, no lugar deste nome, das que só queda unha casa.
A igrexa parroquial, dedicada a San Sebastán, atópase no lugar de Serramo. Nesta igrexa atópase a Santa Cruz de prata, datada do primeiro terzo do séc. XII, posiblemente unha das máis antigas que se conservan en Galicia (S. Moralejo, 1980).
Festas: San Sebastián (20 de xaneiro), Santa Cruz (maio).
Os datos deste apartado foron sacados de:
A Terra de Soneira, no corazón da Costa da Morte (varios autores, Xosé Mª Lema, coord. ),
Os mellores pazos da Costa da Morte (Xosé Mª Lema),
A arte relixiosa da Terra de Soneira (Xosé Mª Lema) e
do Instituto Nacional de Estatística (datos de poboación de 2012).