- Superficie: 8,46 km2
- Habitantes
- Lugares: As Casas da Ponte, A Fonte, Cerbán, Lavandeira, O Bico do Cuco, O Cruceiro, O Vilar, Roalo, Vilaseco.
A parroquia de Castrelo atópase no suroeste do concello de Vimianzo. limita polo norte e leste coa parroquia de Cambeda, polo sur coa de Baíñas e polo oeste coa de Berdoias.
É unha parroquia fundamentalmente dedicada ao sector primario, na que destaca a actividade mineira coa explotación dunha mina de caolín preto do lugar de Cerbán.
No que se refire á pegada megalítica atopamos en Castrelo, como o mesmo topónimo nos indica, no monte do Sino, o Castro de Lavandeira (300 m. de altitude). No lugar de Vilaseco atopamos o dolmen coñecido como A Arquiña.
No lugar de Castrelo atópase a igrexa parroquial de San Martiño de Castrelo.
Festas: Sacramento (xullo), Nª Sra. do Carme (10 de agosto), San Martiño (11 de novembro).
Os datos deste apartado foron sacados de:
A Terra de Soneira, no corazón da Costa da Morte (varios autores, Xosé Mª Lema, coord.),
Os mellores pazos da Costa da Morte (Xosé Mª Lema),
A arte relixiosa da Terra de Soneira (Xosé Mª Lema) e do
Instituto Nacional de Estatística (datos de poboación de 2012).