O futbolista soneirán comezou a súa carreira deportiva no Bergantiños. A partires de aí foi subindo chanzos que lle permitiron militar en coñecidos clubs do panorama nacional. Militou fundamentalmente en 2ª división B, aínda que tamén chegou a xogar en 2ª A. Co Levante estivo a piques de ascender á 1ª división. Entre os seus logros máis destacados podemos citar as dúas Copas Generalitat Valenciana que lle arrebatou a dous equipos contrastados internacionalmente: o Valencia e o Villareal.
No ano 2009 Miguel recala no Soneira, o equipo da súa vila. Nesa temporada o equipo milita en 1ª Autonómica e Miguel ten un papel destacado. Un gol seu no último minuto do último partido de liga dálle o ascenso ao equipo a Preferente autonómica. No 2011 retirouse despois dunha impresionante temporada na que o equipo acadou a súa mellor clasificación da historia (6º clasificado en Preferente Autonómica). O mesmo día da retirada Miguel puido levantar un dos trofeos máis ansiados polo futbolista, a Copa da Costa.
Traxectoria Deportiva
- 1989 – 1994FC Bergantiños: Liga Galega na categoría Xuvenil e en 3ª.
- 1994 – 1998RC Deportivo B: 3ª e 2ª B.
- 1998 – 2001Levante UD: 2ª B e 2ª A.
- 2001 – 2004CD Castellón: 2ª B.
- 2004 – 2005Girona FC: 2ª B.
- 2004 – 2005CD Lugo: 3ª.
- 2005 – 2007UE Figueres: 2ª B.
- 2007 – 2008Castelldefels UE: 2ª B.
- 2008 – 2009Montañeros CF: 3ª e 2ª B.
- 2009 – 2011Soneira SD: 1ª Autonómica e Preferente Autonómica.
Palmarés
- 1994 Campión de Liga co Bergantiños (3ª)
- 1995 Ascenso a 2ª B co Deportivo B
- 1999 Campión de Liga co Levante (2ª B) e ascenso a 2ª A.
- 1999 Campión de Copa Generalitat Valenciana.
- 2001 Campión de Copa Generalitat Valenciana.
- 2003 Campión de Liga co CD Castellón (2ª B).
- 2009 Ascenso a 2ª B co Montañeros CF.
- 2009 Ascenso a Preferente Autonómica co Soneira SD.
- 2011 Campión da Copa da Costa co Soneira SD.