Concello de Vimianzo
6 de outubro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Baíñas

  • Baíñas
  • Embalse de Baíñas
  • Embalse de Baíñas

  • Superficie: 23,70 Km2
  • Habitantes
  • Lugares: A Bouza, A Gándara, A Furaca, As Cabazas, Baíñas, Manlle, O Orbellido, O Outeiro, O Sisto, O Val, Padreiro de Arriba, Padreiro de Abaixo, Rabós, Santa Comba, Vilanova.

A parroquia de Baíñas está situada no sur do concello de Vimianzo. Limita polo norte coas parroquias de Castrelo, Cambeda e Serramo, polo leste co concello de Zas, polo surleste co concello de Mazaricos, polo suroeste co concello de Dumbría e polo oeste coa parroquia de Berdoias.

Baíñas é o segundo núcleo urbano do concello de Vimianzo, con presenza do sector servizos e ao comercio, aínda que nesta parroquia ten moita importancia a gandería e a agricultura.

A pegada megalítica nesta parroquia podemos atopala no dolmen de Pedra da Arca, do IV – III milenio a. C., situado no límite co concello de Dumbría, unha das maiores antas de Galicia, que forma parte dun extenso campo de mámoas situado na beira dereita do río Xallas, moitas delas asolagadas polo encoro da Fervenza do río Xallas.


Festas:
San Brais (3 de febreiro), San Antolín (2 e 3 decembro)

Os datos deste apartado foron sacados de: A Terra de Soneira, no corazón da Costa da Morte (varios autores, Xosé Mª Lema, coord. ), Os mellores pazos da Costa da Morte (Xosé Mª Lema), A arte relixiosa da Terra de Soneira (Xosé Mª Lema) e do Instituto Nacional de Estatística (datos de poboación de 2012).

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- outubro +
L
M
M
X
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X