Concello de Vimianzo
3 de decembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Entrevistas de selección

A entrevista sirve principalmente para comprobar e ampliar toda a información, tanto persoal como profesional, que proporcionamos á empresa para que valore si o noso perfil encaixa co posto que pretende cubrir.

É necesario polo tanto preparar ó máximo esta oportunidade de desmostrar a nosa capacitación para o posto.

A clave da entrevista é que temos que tratar de convencer á empresa de que somos o candidato que está buscando. Temos que saber “vendernos”.

Antes e durante a entrevista:

  • Identificaremos os nosos puntos fortes e os febles. Buscaremos o xeito de poñer os primeiros de manifesto durante a entrevista, pero tamén debemos estar preparados para defender os nosos puntos febles no caso de que nos pregunten por eles.
  • O silencio non serve como resposta, a empresa quere saber para decidir.
  • Levaremos toda a documentación que acredite a nosa formación e experiencia laboral (títulos, vida laboral,..)
  • Durante la entrevista poden facernos preguntas xerais ou concretas, calqueira caso, pensaremos ben a resposta e respostaremos de xeito preciso e concreto.

Teremos en conta aspectos como:
  • A puntualidade.
  • A comunicación (verbal e non verbal)
  • A imaxe (debe adecuarse ó tipo de empresa)

Outras técnicas de selección

Moitas empresas empregan outras ferramentas no proceso de selección de candidatos e candidatas. O seu obxectivo é axustar ó máximo o proceso de selección para atopar as persoas idóneas para os postos que queren cubrir.

  • Os Test Psicotécnicos.
    Instrumentos de medida que pretenden indicar o nivel dunha persoa nunha determinda aptitude ou aptitudes. Poden medir entre outros, os seguintes aspectos: personalidade, intelixencia emocional, comprensión verbal, cálculo numérico, razonamiento espacial, atención, memoria,....
  • Probas Grupais (Dinámicas de Grupo).
    É outra das técnicas que utilizan las empresas unha vez que xa teñen unha preselección de candidaturas que se axustan a súas necesidades. Trátase principalmente de formar un ou varios grupos coas persoas candidatas e plantexarlles un tema sobre o que debatir.

    O obxectivo non é outro que valorar e observar ás persoas candidatas en certas habilidades, aptitudes, coñecementos, … que lles van a ser esixidos no posto de traballo (liderazgo, toma de decisións, resolución de problemas, iniciativa).

    Existen tipoloxías con diferentes fins: O foro, A mesa Redonda, O Panel, Debate, Seminario, Torbellino de ideas, Simposio.

  • Probas Profesionais.
    Son exercicios que poden ser teóricos ou prácticos e que evalúan os coñecementos, a competencia e a destreza para desenvolver unha actividade concreta.

    Poden pedirnos que fagamos un informe, proxecto ou investigación, reparar o montar un aparato, realizar una tarefa concreta ou buscar una solución a un problema.

  • Probas Específicas para postos concretos sobre un tema.

    Algunhas empresas dispoñen das súas propias probas deseñadas para postos ou colectivos concretos. Soen ser probas escritas (tipo test) que se empregan para facer unha primeira criba de candidaturas.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
28
29
30
31
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte http://www.afiprodel.org/
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X