Concello de Vimianzo
3 de decembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Carta de presentación

É a tarxeta de visita que acompaña o currículo vitae e actúa de reforzo. Nela resáltanse e amplíanse os aspectos máis interesantes pero sen dar pistas dos puntos febles, introducindo brevemente a candidatura e xustificando por qué razón o noso currículo debería terse en conta.

Destacaranse as cualidades e os traballos anteriores que teñen que ver co posto ao que nos presentamos de xeito que a persoa que a lea sinta a necesidade de coñecer máis sobre nós.

Tipos de carta:
  • Candidatura espontánea ou autocandidatura. Consiste en presentar directamente nunha empresa a nosa candidatura por propia iniciativa e de xeito voluntario sen que exista necesariamente unha oferta de emprego previa. É necesario informarse anteriormente sobre as características da empresa á que nos diriximos e a ser posible enviaremos a carta a unha persoa en concreto ou no seu defecto, ao departamento de persoal.
    Pódese enviar en calquera momento, pero é interesante facelo no momento oportuno (antes do período vacacional, picos de produción,....)
    Este xeito de actuar demostra que somos persoas con iniciativa, motivadas e con ganas de traballar.
    A finalidade sempre é conseguir unha entrevista persoal.
  • Resposta a unha Oferta de Emprego. Realízase tras localizar unha oferta de emprego que nos interesa porque encaixa co noso obxectivo profesional e decidimos presentarnos como candidatos. Neste caso a iniciativa parte da empresa que pode presentar a súa oferta a través de diferentes medios: anuncios de prensa, radio, publicacións especializadas, Internet, taboleiros de anuncios, …

    Debemos analizar minuciosamente a oferta de emprego e valorar se o noso perfil se adecúa as características e requisitos que se esixen ou valoran.

Consellos á hora de escribir unha carta de presentación

  • Escribir unha folla como máximo.
  • Intentar que os parágrafos sexan curtos, facilitando así a lectura.
  • Enviar sempre orixinais, nada de fotocopias.
  • Escribir a ordenador e imprimir en papel branco, tamaño DIN A-4
  • Redactala a man cando se especifique expresamente.
  • Coidar a gramática e a ortografía.
  • Firmar sempre.

Estrutura

Encabezado

  • Datos completos da empresa á que nos diriximos.
Data e Lugar
  • Da orixe da carta.
Saúdo
  • Formal (Estimado/a Sr/Sra)
Texto
  • PRIMEIRO PARÁGRAFO: Especificar para qué posto ou convocatoria nos presentamos.
  • SEGUNDO PARÁGRAFO: Destacar o máis importante de currículum en
  • referencia ao posto, as habilidades,…
  • TERCEIRO PARÁGRAFO: Como despedida, comentar o desexo de acudir a unha entrevista persoal.
Despedida
  • Formal (Sen outro particular, reciban un cordial saúdo…)

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
28
29
30
31
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte http://www.afiprodel.org/
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X