02-05-2016
Distintas entidades locais de Europa reúnense en Vimianzo
Durante a semana do 17 de marzo de 2016 celebrouse en Vimianzo o Encontro de lanzamento do proxecto internacional ERN4mob- European Rural Europe for Job Mobility, financiado pola Unión Europea. O Concello de Vimianzo é un dos 2 do Estado Español en participar nun programa deste tipo.
Neste encontro participaron, ademáis do Concello de Vimianzo, o concello de Kostrzyn nad Odrą de Polonia, a Comunidade Intermunicipal do Alto Alentejo, de Portugal, o concello italiano de Petrosino, o concello de Zemplínske Hámre de Eslovaquia e a entidade supramunicipal de Mewry, Mourne and Down Distict Council de Irlanda do Norte.
Os obxectivos do programa son o de conectar ás persoas de diferentes países da Unión Europea e de fóra dela que viven conxuntamente nas mesmas comunidades locais para sensibilizar acerca dos seus valores e necesidades comúns, así como para promover o empoderamento das súas diferenzas sociais e multiculturais a través da creación dunha rede de municipios rurais europeos para a mobilidade laboral que traballe a prol da cidadanía para a integración social e laboral, co fin de lograr un crecemento intelixente, sustentable e integrador da Europa rural.
Na xornada inaugural participaron o alcalde Manuel Antelo e representantes dos outros entes participantes. Logo da inauguración as persoas participantes visitaron distintos lugares do Concello como o Castelo e a igrexa de Cereixo e a súa contorna, e da Costa da Morte como o faro do Cabo Vilán e a vila de Camariñas.
Os relatorios da segunda xornada, aberta a todas as persoas interesadas, comezaron coa inauguración da xornada a cargo do alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo. Cristina Couto, do Centro Europe Direct da Deputación da Coruña explicou os servizos de información e asesoramento que a Comisión Europea lle oferta á cidadanía. A Secretaria Xeral de Emprego da Xunta de Galicia, Covadonga Toca, presentou a Axenda 20, Axenda de Emprego de Galicia.
A Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia, o Concello de Camariñas e o Newry, Mourne and Down District Council presentaron as súas experiencias institucionais referentes á promoción do emprego e á acollida das persoas inmigrantes.
Pola tarde Covadonga López, da Rede EURES do Servizo Público de Emprego de Galicia, presentaranos as posiblidades para traballar en Europa e distintos inmigrante e emigrantes falarannos acerca das súas experiencias.
O día 17 rematou cunha viaxe virtual a cada un dos territorios participantes e o venres cunha xuntanza dos representantes das institucións participantes na que se avaliarons este encontro e se propuxeron ideas e inciativas para os seguintes.
O seguinte encontro do programa desenvolverase en Kostrzyn nad Odrą (Polonia) no vindeiro este de maio.