Recunchos verán 2023
Do 17-05-2023
ao 19-08-2023
O concello de Vimianzo pon en marcha Recunchos de verán 2023, un programa de 4 andainas que che permitirán coñecer algúns dos recursos turísticos máis importantes do concello.
- 17/05 - Entre Carnés e Cereixo: andaina circular de 9 Km. aproximadamente na que se poderán visitar sitios tan especiais como a Cerca da Fagía, ou a fonte de San Cristobo, en Carnés; ou muíño de mareas, a igrexa ou as Torres de Cereixo.
- 10/06 - Os Penedos de Pasarela e Traba: andaina circular de 8 Km. na que visitaremos a Paisaxe Protexida dos Penedos, onde as pedras cobran vida e se converten en seres animados.
- 08/07 - Bamiro, un paseo pola historia: andaina circular de 14 Km.na que nos achegaremos ata o recentemente restaurado Cruceiro dos Santos (Cheis), a capela de Montetorán e o paseo fluvial do río Grande e do río Torrente.
- 19/08 - Vimianzo - Castrobuxán: andaina circular de 14 Km. na que visitaremos o lugar de Calo e a capela de Castrobuxán, ademais de pasear ao carón do fermoso río Grande e a ponte da Furaqueira.
Todas as andainas son circulares (saída e chegada ao mesmo punto) e os desprazamentos ata o punto de saída e chegada faranse por conta allea.
O horario de saída será ás 9:30 da mañá para todas as andainas e a chegada variará, segundo a distancia a percorrer, entre as 13:00 e as 14:30 h.
As prazas son limitadas e todos os/as interesados/as en participar deberán inscribirse pinchando na seguinte
LIGAZÓN antes do venres anterior á celebración da andaina.
Ligazóns
Descargas