Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
Desde o Concello de Vimianzo queremos celebrar este sábado 16 de novembro o Día do Patrimonio aproveitando o tempo de chuvias para visitar un dos grandes descoñecidos do patrimonio etnográfico galego: os batáns do Mosquetín.
Poucas veces no ano poden verse en funcionamento os mazos deste conxunto único en Galicia. Haberá dúas oportunidades este sábado 16 de novembro en dous pequenos grupos de máximo 25 persoas: unha quenda ás 12h e outra ás 17h.
É imprescindible reservar para poder ver este emocionante movemento das manlles de madeira de carballo coa acción da forza da auga. O enderezo de correo electrónico é turismo@vimianzo.gal
Os batáns son construcións concebidas para o abatanado das teas, especialmente das teas de la. En liñas xerais adoitan ser edificios bastante rústicos nos que se sitúa un aparello de madeira con dous grandes mazos movidos pola forza da auga, que baten de forma alternativa os tecidos. Para máis información sobre o conxunto pode consultarse a súa páxina web https://osbatans.gal/