#moitomáisquepedras - Penedos de Pasarela e Traba

Andaina dos Penedos de Pasarela e Traba

Descrición da Andaina

Data:
Sábado 13 de outubro
Saída en bus:
8h30 dende a Casa do Concello de Laxe
8h30 dende a Casa da Cultura de Vimianzo
Saída a pé: 09h desde a Escola de Pasarela
Remate: Traba (Bar Costa Brava)

Descrición:
Trátase dunha andaina curta en distancia, de 6 quilómetros aproximadamente, pero bastante densa
polo seu contido xa que teremos a oportunidade de visitar as pedras máis representativas
dos Penedos.
A saída terá lugar na escola de Pasarela e a primeira parada será na zona da Cachucha
(canteira), onde poderemos visitar o Cantor, a Multiforme, o Coello e o Paiaso Triste,…
Despois dirixirémonos cara a zona da Forcada para poder contemplar a Señora ou
Esfinxe, o Oso, a Tartaruga e o Can,...
A continuación visitaremos o Bico e a Torre da Moa, onde poderemos contemplar unha
fermosa vista do Espazo Natural de Traba.
Finalmente descenderemos a Traba.

>>>   INSCRICIÓN NA ANDAINA   <<<

INSCRICIÓN

Concurso fotográfico

Prazo aberto para participar no Concurso de Fotografía #moitomáisquepedras promovido conxuntamente polos concellos de Vimianzo e Laxe:

BASES CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

ANEXO 1_FOLLA DE PARTICIPACION

Recital poético na Cachucha

Recital poético na Cachucha, con Manuel Rivas. Saída ás 18h desde a Escola de Pasarela.