25 de abril de 2024
Hoxe temos
El tiempo - Tutiempo.net
Turismo Vimianzo

RUTAS A PÉ

Ruta dos Penedos de Pasarela e Traba

Penedo coñecido como A Aguia

A ruta internase nos Penedos de Pasarela e Traba, declarados como Paisaxe Protexida no 2009 polo seu interese xeolóxico e xeomórfico, o camiñante observará o esculpir caprichoso da natureza nos seus rochedos así como as formidables vistas dende os cumios.

Lonxitude: 6 km

Percorrido: Lineal

Dificultade: Media  

Mapa en Google Maps da Ruta dos Penedos de Pasarela e Traba

Camiño de Santiago a Muxía - Vía Mariana

Desde hai centos de anos os camiñantes que se dirixen a Muxía desde Santiago de Compostela cruzaban o río Xallas pola ponte de Brandomil. Os peregrinos cruzaban as terras do sur do noso concello: Baíñas e Berdoias, onde hoxe podemos atopar un rico legado patrimonial desde o megalitismo ao etnográfico. 

Recentemente creouse un novo sendeiro coincidente con este camiño chamado a Via Mariana Luso Galaica, que conecta Braga con Muxía. Animámoste a percorrer este sendeiro marcado con frechas azuis e amarelas. Se queres realizar o treito vimiancés, recomendamos comezar no Encoro da Fervenza no Orbellido, e terminar nos petróglifos de Boallo ou na Pedra do Frade. 

Existen dous albergues municipais a disposición do camiñante: en Berdoias e Baíñas. 


Camiño de Santiago a Muxía en Wikiloc: https://es.wikiloc.com/rutas-outdoor/vmlg-xacobeo-14-17-santiago-de-compostela-muxia-38579888 

Máis información

Vieiro Fidalgo

Vao Pedroso (ponte sobre o río Castro)

Petróglifos, dolmen, eiras, pontes, hórreos, casas fidalgas... A ruta etnoarqueolóxica do "Vieiro Fidalgo" conecta as aldeas de Berdoias e Boallo co seu interesante patrimonio. Ao longo de 9 quilómetros sorprenderaste coas paisaxes que ofrece esta ruta circular con punto de inicio e chegada na igrexa de San Pedro de Berdoias. A ruta pode incluso dividirse en dous tramos, a opción do visitante: só o círculo de Berdoias ou só a parte de Boallo. 

Itinerario do Vieiro Fidalgo en wikiloc

Descargas