XXII Rapa das Bestas de Vimianzo

A Rapa das Bestas en Vimianzo conta con máis de dúas décadas de tradición e é mostra do pouso de centos de anos de coidado do gando no monte. 
Os cabalos salvaxes son baixados do Monte Faro o sábado 21 de xullo a partir das 8 da mañá, para logo baixaren ao Val ás 17h. 
O domingo 22 terá lugar sobre as 17h a Rapa das Bestas no curro do Campo da Areosa. Será o momento no que aloitadores e aloitadoras, novos e maiores, vaian saltando ao curro para conseguir cortar o pelo dos cabalos salvaxes. 

Programa completo Rapa das Bestas 2018:

Sábado 21 de xullo

08h Baixada das bestas bravas do monte Faro
17h Ruta a cabalo polo Val ao son de Trubisquiña
19h Xogos de habilidade a cabalo
20h Cea con callos, pan, viño e auga (5€) e música co Dúo Sesión e Dj Rokiño

Domingo 22 de xullo

Feira de Gando
Paso das Bestas ao curro, coa agrupación de música tradicional Trubisquiña
Sesión vermut amenizada polo dúo Caramelo
Xantar coa polbeira "O que dirán" con opción de menú con carne ao caldeiro
17h Tradicional Rapa das Bestas
20h Sorteo dun becerro

Haberá acampada gratuíta con baños e Xogos infantís.
Organiza Asociación cabalar e cultural Monte Faro, coa colaboración do Concello de Vimianzo.

Localización do curro do Campo da Areosa (Vimianzo)