24 de abril de 2024
Hoxe temos
El tiempo - Tutiempo.net
Turismo Vimianzo

Ruta dos dolmens - Visitas guiadas

  • Nel descubríronse pinturas rupestres
  • Pequena anta, pero fermosa
  • Conserva case todas as pedras, pero están movidas
  • Unha das antas máis grandes. O acceso é difícil para coches
  • Dos mellor conservados de Galicia
  • Fai parte dunha gran necrópole megalítica
  • Das antas máis recentes
  • Está sen escavar, destaca a mámoa de máis de 30 metros de diámetro
  • Está estragado, pero a súa forma serve para ver como se encadra a anta dentro da mámoa

Propoñémosche unha viaxe capaz de remontar milenios de historia. Un itinerario cultural para afeccionados á exploración, para aqueles fascinados polo misterio da vida e o transcorrer do tempo, ante a maior concentración de monumentos megalíticos de toda Galicia.


A Ruta dos Dolmens de Vimianzo é un itinerario circular para o seu percorrido en coche ou bicicleta que conecta nove exemplos de contrastadas características, de modo que en cada parada poderás sorprenderte, observar ou reflexionar cos teus acompañantes, sobre unha sociedade prehistórica que deixou neste territorio a pegada da súa cultura.

 

Información básica

Tipo de ruta: Circular. En coche.

Duración: A realización da ruta completa estímase en 3´5 horas aproximadamente.

Dirección: A pesar de ser circular, recoméndase seguir o sentido das agullas do reloxo dende o punto de partida indicado, a sinaléctica acompañará o percorrido nesta dirección.

Punto de partida: Vimianzo. Poderás iniciar a túa aventura tomando o desvío que indica a ruta dende a AC-552 (estrada que comunica A Coruña – Cee).  Dende a vila de Vimianzo conducirás en sentido á Coruña, tomarás o primeiro desvío á dereita pasado o Castelo medieval que sinala “Ruta dos Dolmens”, continuarás en dirección Tines, e así en cuestión duns 15 min chegarás á túa primeira parada: Pedra Cuberta.

Outra opción para iniciar o itinerario, sería tomar a correspondente saída que indica “Ruta dos Dolmens” na rotonda da autovía AG-55 en Santa Irena (situación entre Baio e Vimianzo). A túa primeira parada tamén será a senlleira Pedra Cuberta.

Dolmens sinalizados no percorrido: 1- Pedra Cuberta, 2- Pedra Moura, 3 – Pedra Lebre, 4 – Arca da Piosa, 5- Pedra da Arca, 6- Arca de Rabós, 7- Casota de Freáns, 8- Arquiña de Vilaseco, 9- Mina de Recesindes.

Como chegar

Mapa da Ruta

Aquí podes descargar o folleto co Mapa da Ruta dos Dolmens

Audioguía

Visita cada dolmen coa súa información nunha cómoda audioguía online. 
Seleccionar dolmen
En galego, castelán, inglés ou francés