Concello de Vimianzo
4 de maio de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Outras Convocatorias

09-04-2013

Accións formativas da Rede XIANA 2 da Deputación Provincial

O Concello de Vimianzo participa no proxecto RedeXiana2 xunto con outros 90 concellos da provincia da Coruña

O proxecto é promovido pola Deputación da Coruña e está cofinanciado polo Fondo Social Europeo. O seu obxectivo consiste en diminuir os niveis de desemprego da provincia a través da mellora profesional das persoas desempregadas e o apoio ao autoemprego.

O proxecto inclúe un programa formativo que combina formación teórica con experiencia laboral en entidades e empresas da provincia de sectores económicos relacionados coa formación impartida.

Ademáis ofrece orientación laboral para a inserción das persoas desempregadas e apoio na procura activa de emprego a través da titorizacion e seguimento persoal permanente. Este acompañamento persoalizado canalízase tamén a través do asesoramento especializado a persoas emprendedoras para a posta en marcha da súa idea empresarial.

Poderán acceder ao proceso de selección para participar no proxecto, as persoas desempregadas que estén empadroadas no concello e que cumpran os requisitos de acceso.


Donde inscribirse?

As persoas interesadas en recibir máis información ou inscribirse poderán dirixirse á área de Promoción Económica do Concello de Vimianzo (Rosa, Evaristo). Tel. 981716001-220. para inscribirse deberán traer o DNI e a documentación que se relaciona no documento anexo.


Prazo de inscrición

Dende o 12 de abril de 2013 ata o 03 de maio de 2013.

Prégase non esperar ao último día pois é necesario realizar unha entrevista.  


ACCIÓNS FORMATIVAS DA NOSA ÁREA

ACCIÓNS FORMATIVAS

SEDE

  • Atención socio sanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (570 horas)

Centro socio-cultural de Zas

  • Montaxe e mantemento de instalacións eléctricas de baixa tensión. Básica. (270 horas)
  • Operacións auxiliares de montaxe de instalacións electrotécnicas e de telecomunicacións en edificios. Básica. (250 horas)
  • Operacións auxiliares de montaxe de redes eléctricas (440 horas)
  • Montaxe e mantemento de redes eléctricas de alta tensión  de segunda e terceira categoría e centros de transformación (690 horas)

Edificio Servizos Múltiples de Muxía

  • Comercialización e venda electrónica (22 horas)
  • Condución económica e eficiente (9 horas)
  • Apoio preparación para as probas de competencia clave  (60 horas)
  • Busca de emprego e novas tecnoloxías (15 horas)
  • Responsabilidade social (15 horas)
  • Alfabetización informática: internet (10 horas)
  • Habilidades sociais e comunicativas (15 horas)
  • Obr. de empregabilidade (30 horas)

Centro de iniciativas de Camariñas

Descargas

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
28
29
30
31
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte http://www.afiprodel.org/
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X