Concello de Vimianzo
26 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

11-07-2018

Máis dun cento de nenas e nenos participan na primeira quenda dos Vimicampamentos

Máis dun cento de nenas e nenos participaránna primeira quenda dos Vimicampamentos que se desenvolverá até o 24 de xullo.

Durante estes días realizarán actividades medioambientas relacionadas coa reciclaxe e a reutilización, visitarán oPuntoLimpo, coñecerán os penedos de Pasarela, o paseo fluvial de Vimianzo, o Castro das Barreiras, terán tempo para obradoiros, manualidades, xogos, xincanas, piscina e unha xornada na praia do Ariño, con velada no pavillón de Vimianzo para os máis maiores.

Os campamentos urbanos organizados polo Concello de Vimianzo son un referente neste tipo de actividades. Este ano como novidade organízanse 3 edicións do Vimicampamento, a primeira do 9 ao 24 de xullo, a segunda, do 26 de xullo ao 10 de agosto e a terceira, do 16 ao 31 de agosto.

Tamén se cubriron as 30 prazas destinadas a nenas e nenos nacidos entre 2001 e 2006 para ocampamento multiaventura nas instalacións de Galipark, en Padrón,ao igual que para os cursos de mecanografía que se desenvolverán no Telecentro entre o 9 de xullo e o 31 de agosto, e para o curso de programación con Scratch que se desenvolverá no Telecentro entre o 9 e o 31 de xullo.

O martes da vindeira semana desenvolverase a excursión ao Aquapark de Cerceda.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X