Do 23-05-2024 ao 23-05-2024
Do 30-05-2024 ao 30-05-2024
Aberta a 1ª fase de presentación de solicitudes do Programa de Turismo do Imserso 2018-2019: do 16 de maio ao 14 de xuño de 2018.
Instrución reguladora temporada 2018/2019
Solicitantes:
Persoas residentes en España que reúnan calquera dos seguintes requisitos:
Poderán participar o cónxuxe ou parella de feito sen necesidade de que éstos reúnan os requisitos de idade ou pensión.
Admitirase como acompañante a un fillo ou filla con discapacidade, que teña un grao igual ou superior ao 45%, sempre que a viaxe a realice cos seus pais e ocupe cama supletoria na mesma habitación do hotel. Deberá cumprimentarse o apartado correspondente da solicitude cos datos do fillo/a e achegar fotocopia do certificado de discapacidade.
Modalidades:
Servizos incluídos:
Nas viaxes Culturais e Turismo de Natureza, dadas as súas especiais características non se inclúen os servizos médicos e programa de animación.
As viaxes a capitais de provincia serán en réxime de media pensión e sen transporte.
Prezos por persoa das diferentes quendas:
A previsión de prezos para a tempada 2018/2019 é a seguinte:
8 días (7 noites) | 10 días (9 noites) | 15 días (14 noites) | 15 días combinados (14 noites) | ||||
Destinos | T. baixa | T.alta | T. baixa | T.alta | T. baixa | T. alta | |
Andalucía, Cataluña, Murcia e Comunidade Valenciana | 171,40 € | 209,61 € | 219,57 € | 264,36 € | 318,21 € | 377,14 € | |
Andalucía, Cataluña, Murcia e Comunidade Valenciana (sen transporte) | 146,30 € | 191,82 € | 180,24 € | 231,34 € | 259,18 € | 322,27 € | |
Baleares | 188,68 € | 244,15 € | 241,20 € | 303,38 € | 333,25 € | 409,55 € | |
Baleares (sen transporte) | 146,30 € | 191,82 € | 180,24 € | 231,34 € | |||
Canarias | 324,30 € | 399,89 € | 569,78 | 604,82 € € | |||
Canarias (sen transporte) | 191,82 € | 231,44 € € | |||||
Circuitos culturais (7d/6n) Circuitos culturais (6d/5n) Circuitos culturais (5d/4n) | 293,75 € 266,91 € 228,18 € | ||||||
Turismo Natureza (5d/4n) Turismo Natureza (4d/3n) Capitais Provincia (4d/3n) Capitais Provincia (3d/2n) Ceuta ou Melilla (4d/3n) | 262,16 € 206,52 € 113,55 € 93,93 € 237,41 € |
Estes prezos inclúen o aloxamento en pensión completa e en cuarto dobre a compartir.
No caso de aloxamento en cuarto individual estes prezos teñen un incremento de 15 € por noite para os destinos de Península e Baleares, 17 € por noite para Canarias e 19 € para Turismo Interior.
As quendas de Nadal e Fin de ano teñen un suplemento de 21 €
Temporada baixa: As quendas que se inicien dentro dos días do 1 ao 17 de decembro e do 1 ao 31 de xaneiro
Temporada alta: Quendas que se inicien en datas distintas ás anteriores.
Solicitude de praza:
Se a pasada tempada persoa solicitante estaba acreditada para viaxar, non é necesario que cumprimente nova solicitude, xa que o Imserso dispón de todos os seus datos.
Se accede por primeira vez ao Programa de Vacacións ou renova a súa participación tras un período inactivo, deberá formalizar a solicitude.
Recoméndase realizar a solicitude "en liña" xa que o proceso é moito máis rápido e permite estar acreditado case de maneira inmediata.
A solicitude servirá para obter a sua acreditación que lle permitirá acceder ás prazas do Programa e incluílo na Base de Datos de Acreditados onde permanecerá de maneira permanente ata que comunique o contrario ao IMSERSO
Unha vez procesadas todas as solicitudes recibidas no prazo sinalado, o Imserso acreditará a tantos usuarios como prazas dispoñibles existan, e procederase, en caso necesario, a aplicar a baremación correspondente, relativa a idade, ingresos e viaxes realizadas con anterioridade.
No mes de setembro de 2018 todas as persoas solicitantes recibirán unha notificación na que se lles indicará:
Documentación:
Suprímese a esixencia de achegar a fotocopia do DNI xunto coa solicitude, con independencia que o mesmo será exixible no momento da reserva das viaxes e ao comezo dos mesmos.
Elixirase un destino como máximo por cada unha das opcións (A e B) marcando con un 1 a opción desexada en primeiro lugar e con un 2 a segunda.
Non é necesario que a filla ou fillo con discapacidade formule solicitude independente, chegará con cumprimentar o apartado correspondente na dos seus pais.
Só é posible a unión de solicitudes entre solicitantes dunha mesma provincia de orixe, debendo ter en conta nestes casos que os destinos elixidos e a orde de prioridade deben ser exactamente iguais en ambas as solicitudes.
No caso de que o número de solicitantes sexa superior ao número de prazas do Programa o IMSERSO aplicará uns criterios de selección, tendo en conta as seguintes condicións:
Lugar de presentación:
Máis información
Prazo de presentación:
Desde o día 16 de maio de 2018 ata o 26 de febrero de 2019 distribuidos nas seguintes fases: