Concello de Vimianzo
26 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

05-04-2018

Os alcaldes e os técnicos deportivos dos concellos que organizan o circuito Correndo a Costa da Morte reúnense en Vimianzo

Os alcaldes dos concellos de de Camariñas, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas, acompañados dos técnicos deportivos dos ditos concellos reuníronse en Vimianzo  para valorar a evolución e repercusión que o circuíto de carreiras populares Correndo pola Costa da Morte está acadando dende a súa creación no ano 2014 ata actualidade.

A valoración de alcaldes e técnicos foi moi positiva xa que, tanto a evolución no número de persoas inscritas como de participantes se incrementa de maneira progresiva ano a ano. Tamén se destacou tanto a implicación económica como a capacidade organizativa e asociativa dos concellos para desenvolver este proxecto dunha maneira exitosa.

Finalmente acordouse repetir este tipo de xuntanzas antes do inicio de cada nova edición co obxectivo de ir mellorando ano tras ano co obxectivo de incrementar a calidade para que este evento deportivo se convirta nun referente a nivel comarcal e provincial.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X