Concello de Vimianzo
19 de setembro de 2018
O corazón da Terra de Soneira

Novas

04-01-2018

Continúa o proceso de selección de candidatas para o Programa integrado de emprego para mulleres dos concellos de Camariñas, Muxía e Vimianzo

O denominado "Programa integrado de emprego dirixido exclusivamente a mulleres de Camariñas, Muxía e Vimianzo 2017" atenderá a 85 mulleres demandantes de emprego dos concellos de Camariñas, Muxía e Vimianzo, sendo este último o concello que asume a representación do proxecto. O proceso de selección de candidatas lévase a cabo en colaboración coa Oficina de Emprego e remata o 31 de xaneiro. Os colectivos prioritarios son:

  • 5 mulleres con discapacidade

  • 25 mulleres menores de 30 anos con baixa cualificación

  • 15 mulleres menores de 30 anos

  • 20 mulleres maiores de 45 anos

  • 20 mulleres perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou RAI

O obxectivo de inserción é do 35% das usuarias. 30 mulleres deberán atopar emprego durante o prazo de 12 meses contados desde o inicio do programa, sexan contratadas por conta allea por una duración non inferior a tres meses ou inicien una actividade por conta propia ou formando parte como socias traballadoras ou de traballo dunha cooperativa ou sociedade laboral, durante o programa ou nos tres meses seguintes á súa finalización.

Unha das principais barreiras que se están atopando neste proceso de selección de candidatas son as relacionadas coa conciliación laboral. A atención de menores e maiores son unha barreira á inserción laboral de moitas mulleres. Por iso, dentro do programa se contemplan medidas para favorecer a conciliación e facilitar que as mulleres participantes poidan asistir ás reunións, se poidan formar e poidan traballar. Entre as medidas contempladas figuran:

- Formación en materia de igualdade para as participantes, introdúcese nos contidos formativos un módulo de igualdade para as participantes.

- Formación en materia de igualdade para o equipo técnico do programa.

- Difusión dun manual de linguaxe non sexista. Entrégase ás persoas participantes e ao persoal do proxecto.

- Sensibilización das empresas en materia de igualdade. Perséguese que as empresas e, especialmente, as persoas que dentro delas toman as decisións en materia de persoal, vexan no colectivo feminino a mesma posibilidade de recrutamento de man de obra ca no masculino e teñan en conta a eliminación de barreiras, sobre todo por conciliación.

- Plans de Igualdade Municipais. Tratarase de integrar ao PIE nas actividades que se organizan dentro dos plans de igualdade municipais.

- Outras medidas son de carácter máis individual. Nas sesións de orientación facilítase información sobre medidas máis específicas e servizos municipais tales como garderías, actividades de conciliación, servizos de atención a domicilio, comedor sobre rodas ou vivenda comunitaria.

- Dentro do proxecto contémplase a contratación de servizos para o coidado de persoas dependentes e de nenos/as para que as participantes poidan acudir ás accións do PIE.

- Flexibilización de horarios para participar nas accións formativas do programa, con posibilidade de realizar parte dos contidos a distancia.

Financiamento

A Direción Xeral de Orientación e Promoción Laboral (Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia) comunicou a concesión dunha subvención por importe de 191.951,00 euros para levar a cabo o. Este programa vaise desenvolver ata o 30 de novembro de 2018.

Accións do programa

As usuarias serán beneficiarias de diferentes accións encamiñadas á súa inserción laboral. A continuación relaciónanse:

  • Información, orientación e asesoramento

  • Formación transversal en novas tecnoloxías e idiomas

  • Técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego

  • Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista.

  • Fomento da capacidade emprendedora.

  • Prospección empresarial

  • Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes.

  • Formación para o emprego (mínimo 300 horas)

  • Prácticas profesionais non laborais en empresas

  • Talleres de mobilidade laboral

Actividades, ocupacións e perfís laborais prioritarios para o proxecto

As accións do proxecto enfocaranse a sectores que demandan recursos humanos na zona e a nichos de emprego emerxentes:

- Servizos a persoas. Ocupacións relacionadas coa vida diraria , coa dependencia e coa conciliación da vida laboral e familiar.

- Industria. Ocupacións relacionadas coa industria alimentaria e a outras.

- Servizos. Ocupacións relacionadas co comercio.

- Pesca e agrogandeiría.

- Hostalería. Ocupacións relacionadas co turismo e a hostalería.

- Vivenda. Ocupacións relacionadas co marco da vida diaria das persoas.

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2018 +
- setembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
2
3
4
5
6

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte http://www.afiprodel.org/
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X