Concello de Vimianzo
19 de xaneiro de 2018
O corazón da Terra de Soneira

Novas

30-12-2017

O Concello de Vimianzo aposta pola dixitalización da súa documentación histórica

Nos últimos meses o Concello de Vimianzo ven de realizar un importante traballo de recuperación e preservación de parte da súa documentación histórica a través dun proxecto polo que realizou a dixitalización das actas de plenos de entre os anos 1930 e 1940.

Esta importante actuación enmarcase na liña de traballo deseñada polo actual equipo de goberno de recuperación e posta en valor do patrimonio do concello do que son parte importante os seus documentos históricos.

O proceso de dixitalización foi realizado pola Consultora Unayta, empresa con sede en Milladoiro, especializada na xestión documental e responsable de diferentes proxectos en arquivos tanto públicos coma privados do país.

As actas de plenos que se incluíron no proxecto son as correspondentes a 3 volumes con datas comprendidas entre xullo de 1930 e xullo de 1940 e que conteñen información municipal cunha importante interese histórica e que dende este momento xa se atopan en formato dixital a disposición do Concello.

Para acadar o resultado final, Unayta, realizou a través de técnicos especializados en arquivos, o manipulado especial da documentación, numeración e nomenclatura das imaxes así como a descrición das mesmas todo elo aplicando rigorosos controis de calidade específicos para este tipo de documentación histórica.

Ademais realizáronse fichas de rexistro para cada sesión plenaria que conteñen datos de interese como son o tipo de sesión, a data e lugar da xuntanza, asistentes, orde do día e asinantes.

Esta información será de capital importancia para que tanto os traballadores do concello como investigadores e historiadores poidan realizar busquedas polas temáticas indicadas coa finalidade de atopar de xeito rápido e cómodo información relacionada ben co traballo diario ou ben cos contidos das súas investigacións.

Con esta actuación o Concello de Vimianzo colócase na vangarda dos concellos galegos en materia de recuperación do seu patrimonio documental xa que este proxecto pretende ser soamente o inicio dunha estratexia de dixitalización integral do seu arquivo.

Para o alcalde, Manuel Antelo, a dixitalización das actas plenarias desta década reviste unha enorme importancia. Hai que recordar que a década dos 30 do século pasado a época de moita intensidade política coa democratización das institucións coa proclamación da República e co seu derrocamento co golpe militar do ano 36 e os posteriores 40 anos de Ditadura.

Recóllese, por exemplo, o acordo da Corporación municipal de Vimianzo para expropiar o Castelo e que pasara a ser propiedade muncipal, tal e como foi durante algúns días a finais de xullo de 1936 até que as forzas sublevadas depuxeron ao goberno democratico municipal.

Proximamente o Concello de Vimianzo porá a disposición das e dos investigadores e do público xeral toda esta información a través dunha plataforma na Internet para que, tanto as e os especialistas, como todas aquelas persoas interesadas poidan ter acceso a estes datos.

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2018 +
- xaneiro +
L
M
M
X
V
S
D
6
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
III Plan de Igualdade 2015/ 18 GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico CeMIT
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X