Concello de Vimianzo
21 de novembro de 2017
O corazón da Terra de Soneira

Novas

04-10-2017

Comeza en Vimianzo un congreso internacional que estuda as migracións

Dende o mércores até o venres Vimianzo acollera o congreso internacional Emigración e inmigración por razóns laborais no rural da Unión Europea.

Este congreso, organizado polo Concello de Vimianzo, en colaboración co Equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais da Universidade da Coruña (ESOMI – www.esomi.es),enmárcase no proxecto «ERN4mob – European Rural Europe for Job Mobility», financiado polo programa Europa cos Cidadáns – Redes de Cidades 2015.

O congreso está dirixido ao público en xeral, e especialmente aos cidadáns involucrados nalgún proceso de mobilidade na Unión Europea (por motivos de traballo ou por xubilación, emigrantes na UE ou emigrantes retornados), familiares e amigos desas persoas e xente nova desempregada; tamén a todos os axentes sociais que traballan no ámbito da migración, a inclusión social e o emprego. Pretende reflexionar sobre a realidade actual en diferentes comunidades rurais europeas e sobre as causas que producen os distintos niveis de desenvolvemento e de oportunidades, e xeran os desprazamentos humanos; tamén dar respostas prácticas a cuestións relacionadas coa mobilidade europea, nun territorio como Vimianzo, caracterizado pola emigración (principalmente por razóns laborais e económicas), e presentar os resultados do proxecto ERN4mob e perspectivas de futuro.

Neste congreso participan as seguintes delegacións internacionais:

-Concello de Urzad Miasta Kostrzyn nad Odra – POLONIA

-Comunidade Intermunicipal do Alto Alentejo – PORTUGAL

-Newry, Mourne and Down District Council – REINO UNIDO

-Comune di Petrosino – ITALIA

-Concello de Obec Zemplínske Hámre – ESLOVAQUIA


Máis información do congreso

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2017 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
1
2
3
6
7
8
9
10
12
13
14
15
16
17
20
21
22
23
27
28
29
30
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
III Plan de Igualdade 2015/ 18 GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico CeMIT
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X