Concello de Vimianzo
9 de maio de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

20-09-2017

Vimianzo acollerá o Congreso Internacional "Emigración e inmigración por razóns laborais no rural da Unión Europea"

O Concello de Vimianzo, en colaboración co Equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais da Universidade da Coruña (ESOMI – www.esomi.es), organiza o Congreso Internacional «Emigración e inmigración por razóns laborais no rural da Unión Europea». O congreso enmárcase no proxecto «ERN4mob – European Rural Europe for Job Mobility», financiado polo programa Europa cos Cidadáns – Redes de Cidades 2015, e levarase a cabo do 4 ao 6 de outubro de 2017, no auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo (rúa Braña B, 15129 Vimianzo, A Coruña).

O congreso está dirixido ao público en xeral, e especialmente aos cidadáns involucrados nalgún proceso de mobilidade na Unión Europea (por motivos de traballo ou por xubilación, emigrantes na UE ou emigrantes retornados), familiares e amigos desas persoas e xente nova desempregada; tamén a todos os axentes sociais que traballan no ámbito da migración, a inclusión social e o emprego. Pretende reflexionar sobre a realidade actual en diferentes comunidades rurais europeas e sobre as causas que producen os distintos niveis de desenvolvemento e de oportunidades, e xeran os desprazamentos humanos; tamén dar respostas prácticas a cuestións relacionadas coa mobilidade europea, nun territorio como Vimianzo, caracterizado pola emigración (principalmente por razóns laborais e económicas), e presentar os resultados do proxecto ERN4mob e perspectivas de futuro.

As persoas interesadas en participar nas actividades do congreso poden inscribirse gratuitamente cubrindo o formulario online https://goo.gl/RiKH6B, ou ben contactando coa organización a través do teléfono 981 716 001 / ext. 1220 ou no enderezo electrónico congreso@vimianzo.gal. A data límite para a inscrición é o día 29 de setembro de 2017.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X