Concello de Vimianzo
25 de setembro de 2017
O corazón da Terra de Soneira

Novas

30-05-2017

Inaugurada a Aula da Natureza da Área recreativa do Val en Baíñas

Máis dun cento de veciñas e veciños asistiron na mañá do domingo ao acto de inaugración a Aula da natureza da Área recreativa do Val na parroquia de Baíñas.

Este edificio, construído ao abeiro do POS 2016, consta dun espazo interior diáfano de máis de 70 m2, ,, baños e almacén. Está construído con materiais ecolóxicos e, tanto no seu no seu deseño coma na súa construción, pretendeuse reducir o impacto ambiental evitando os movementos de terras e utilizando materiais sostibles.

O edificio complementa as outas instalacións da Área recreativa do Val, como os asadores, o merendeiro ou a presa, facendo da dita área un lugar idóneo para o esparcimento e as celebracións.

Está previsto que no espazo se organicen actividades divulgativas e obradoiros vencellados ao medio ambiente, o coidado da natureza e o coñecemento da flora e a fauna da contorna.

Así mesmo, o espazo quedará a disposición para reunións e outras propostas da veciñanza da parroquia e do Concello. As persoas que desexen utilizar o espazo teñen que poñerse en contacto co Concello de Vimianzo onde se lles falicitará a información oportuna. 

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2017 +
- setembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
21
22
23
24
25
26
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
III Plan de Igualdade 2015/ 18 GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico CeMIT
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X