Concello de Vimianzo
25 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

15-05-2017

Máis de medio cento de veciñas e veciños asisten á xuntanza co alcalde na parroquia de Carantoña

Onte desenvolveuse na parroquia de Carantoña un encontro do alcalde, Manuel Antelo, coa veciñanza. Este encontro enmárcase no ciclo denominado "O alcalde escoita" no que o rexedor se achegará a todas as parroquias do Concello para coñecer de primeira man as necesidades das mesmas.
Na xuntanza de onte repasáronse os investimentos na parroquia durante os últimos anos, mellora de camiños e pistas, construción e mellora de redes de saneamento e traídas de augas, mellora de posta en valor de espazos comunitarios entre os que destacan o arranxo e peche do campo de fútbol e o arranxo da Escola infantil e do Centro Cultural.
A recuperación das veciñas e veciños da titulariadade dos montes da Gorreis e Milleira tamén foi abordada na xuntanza. Dende o Concello anunciouse que aínda se está á agarda de que a Xunta de Galicia entregue o documento de xestión forestal dende o Concello se están elaborando documentos técnicos que contribúan á devolución dos montes á veciñanza.
En canto ás previsións de futuro dende o Goberno municipal anunciouse que está traballando para dotar á parroquia dunha praza multiusos na contorna da igrexa para utilizala como aparcamento, praza para as festas e área de esparcemento, tomando como modelo a actuación desenvolvida recentemente na parroquia de Cereixo.
A actuación máis demandada pola veciñanza foi relativa que a Xunta acorde levar a cabo a concentracion parcelaria. O alcalde dixo que faria o posible para convencer á Xunta de atender esta demanda.
Outras demandas centráronse na construción de redes de saneamento, na mellora do firme de camiños e pistas, na demanda á Deputación para a construción dunha senda peonil e á Xunta de Galicia para a mellora da seguridade nas estradas de titularidade autonómica que discorren pola parroquia.
O alcalde acolleu as peticións da veciñanza e comprometeuse a estudar as obras que dependan do Concello e a asesorar á veciñanza e a tramitar as solicitudes necesarias naquelas actuacións dependentes doutras administracións.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X