Concello de Vimianzo
8 de maio de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

05-04-2017

O Concello de Vimianzo asina coa Deputación o convenio de xestión do Castelo de Vimianzo e dos Batáns do Mosquetín

O deputado responsábel da área de Contratación, Patrimonio e Equipamento da Deputación da Coruña – Xesús Soto – visitou onte o Concello de Vimianzo para coñecer de primeira man o balance dun ano de xestión dos bens patrimoniais da Deputación no seu termo municipal ademais de asinar os novos convenios referidos ao Castelo e aos Batáns do Mosquetín.

“O balance, tal e como estamos a ver, é moi positivo nunha aposta pola cesión da xestión que responde ao propio acordo do goberno da Deputación que contempla a transferencia aos concellos como un primeiro paso de cara á futura cesión da titularidade, un proceso máis longo”, sinalou Xesús Soto.

O deputado de Patrimonio – Xesús Soto – e o alcalde de Vimianzo – Manuel Antelo – asinaron onte o convenio polo que o Concecello asume un ano máis a xestión da atención de visitantes, a mostra de artesanía ao vivo e outras actividades no Castelo de Vimianzo e Batáns do Mosquetín; que foron incorporados por vez primeira no anterior convenio. Ate o pasado ano o acordo co concello só regulaba as actuacións no Castelo e, de maneira singular, a organización da mostra de Artesanía en Vivo que se vén celebrando dende 1994.

Pola súa banda, o alcalde de Vimianzo – Manuel Antelo – destacou o notable incremento de visitantes ao Castelo de Vimianzo que acadou o pasado ano as 24.000 persoas que se achegaron a coñecer o monumento e participar nas distintas actividades. “O aumento de visitas é moi importante con respecto a anteriores anos froito da difusión e a atención que se presta dende que o Concello é quen xestiona directamente as actividades e a atención ao público”, valora Manuel Antelo do programa de dinamización do patrimonio que contempla o convenio asinado.

O acordo inclúe actividades no Castelo de Vimianzo como a mostra de Artesanía ao Vivo, visita guiada, roteiros a pé, visita teatralizada ou formación a artesáns. Nos Batáns do Mosquetín desenvolverase o servizo de atención a visitantes e iniciativas de animación nas que se inclúen, entre outras, realización de muiñadas e actividades de bataneo ao longo do ano ou charlas divulgativas. A Deputación achega ao concello de Vimianzo a cantidade de 100.000 euros en concepto de xestión dos dous bens patrimoniais, 70.000 vinculados ás actividades do Castelo de Vimianzo e 30.000 aos Batáns de Mosquetín.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X