Concello de Vimianzo
26 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Outras Convocatorias

29-11-2011

CONCURSO DE ESCAPARATES NADAL 2011 VIMIANZO

CONCURSO DE ESCAPARATES NADAL 2011 VIMIANZO

ORGANIZA: Concello de Vimianzo

DIRIXIDO A: Todos os establecementos comerciais de Vimianzo, con escaparate ao público

OBXECTIVO

Premiaranse os escaparates mellor decorados en función de criterios artísticos, técnicos e comerciais, e valorarase a evocación de elementos identitarios de Vimianzo e a divulgación do coidado do medio ambiente.

INSCRICIÓNS

Efectuaranse ata o 5 de decembro de 2011 no Departamento de Promoción Económica do Concello de Vimianzo a través de calquera dos seguintes medios:
-Por teléfono: 981716001, ext. 220
-Por Facebook: a través do perfil “Comercio de Vimianzo”
-Por correo electrónico: comercio@vimianzo.es
-Personándose nas oficinas do concello

PERÍODOS DE EXHIBICIÓN

As datas de exhibición dos escaparates estará comprendida, como mínimo, entre o 7 e o 22 de decembro de 2011.

CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN

Os escaparates deberán estar colocados entre o 7 e o 22 de decembro, período en que os membros do tribunal e o público procederán á súa valoración.
No espazo oficial do que dispón o Concello de Vimianzo en Facebook colocarase unha galería de fotos cos escaparates participantes para que os usuarios poidan engadir “me gusta”. Estas fotos poderán achegalas os propios establecementos ou pode achegarse o persoal do concello a facelas.
Os comercios terán que acreditar a súa participación ubicando, en lugar visible, o cartel que se facilitará desde a organización.

VALORACIÓN

O xurado valorará a creatividade na aplicación de criterios artísticos, técnicos e comerciais, así como a incorporación de elementos que evoquen a identidade de Vimianzo e o coidado do medio ambiente.
O premio outorgarase en función da puntuación que lle asine o xurado, que terá un peso do 40% sobre a valoración final e o número de “me gusta” que acade a foto do escaparate, inserida no álbum do perfil institucional do Concello de Vimianzo no Facebook. Con respecto a esto último, o criterio é dar a puntuación máxima ao que teña máis “me gusta” e a mínima ao que acade menos, e para os que están neste tramo calcularase en proporción.

DIVULGACIÓN

Este concurso será divulgado a través da web do Concello de Vimianzo (www.vimianzo.es) e enviarase nota aos medios de comunicación.

XURADO

O fallo do xurado será inapelable e publicarase antes do 6 de xaneiro de 2012.

PREMIOS

Premio ao escaparate máis creativo
Diploma de recoñecemento
Unha cea para dúas persoas nun dos restaurantes participantes na campaña “Vimianzo Gastronómico”

Premio ao escaparate máis navideño
Diploma de recoñecemento
Unha cea para dúas persoas nun dos restaurantes participantes na campaña “Vimianzo Gastronómico”

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte http://www.afiprodel.org/
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X