Concello de Vimianzo
25 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

15-07-2016

Vimianzo enche de historia as fins de semana do verán con diferentes visitas guiadas

Durante os sábados de xullo e agosto, o Concello de Vimianzo promove unha serie de visitas guiadas para coñecer o amplo patrimonio do seu municipio. Vimianzo. Historia Viva propón unha ruta temática diferente cada semana: “Cada sábado, unha historia...” (pola súa arqueoloxía, pazos, románico…) cun guía oficial. Todas elas parten en autobús á mesma hora (agás a ruta nocturna) do castelo de Vimianzo, núcleo de atracción de visitantes do municipio. Alén diso, os visitantes tamén poderán gozar de visitas guiadas ao castelo e aos Batáns do Mosquetín durante os sábados e domingos de xuño, xullo, agosto e setembro. Muda o horario: Castelo (12/19h) e Batáns (13/18h).

Ademais das novas rutas desta edición, por primeira vez poderase visitar o castelo de Vimianzo cando cae o sol. Haberá dúas oportunidades para pasar unha Noite no castelo: unha o venres 22 de xullo, conmemorando o 80 aniversario do simbólico asalto ás Torres tralo golpe de Estado do 36, e o domingo 14 de agosto, previo ao festivo. As dúas visitas comezarán ás 22h30.

Para as visitas temáticas dos sábados e a Noite no castelo recoméndase reservar praza no correo electrónico visitavimianzo@gmail.com.

Todo este proxecto fai parte dun programa máis amplo de dinamización turística durante o verán, no que tamén se encadra Castelo Vivo, con representacións teatrais que narran a historia da fortaleza por parte dos Quinquilláns os domingos, ademais da xa clásica Mostra de artesanía ao vivo.

Vimianzo, centro xeográfico da Costa da Morte, reivindica deste xeito unha oferta distinguida na Costa da Morte: o seu pasado e patrimonio, revivido no presente como unha auténtica viaxe no tempo.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X