Concello de Vimianzo
19 de maio de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

31-08-2015

O Concello de Vimianzo continúa coa promoción e coa posta en valor do Castelo

O Concello de Vimianzo continúa apostando pola promoción e a posta en valor do Castelo de Vimianzo.
Durante todo o verán a Mostra de artesanía e as representacións en vivo da historia do castelo atraeron a centos de visitantes.
A pasada fin de semana, dentro do proxecto Castelo Vivo, desenvolveuse o desfile con vestimentas de liño.
A actividade foi organizada  pola Asociación de Amigos do Liño que preside Carmen Riveiro e asistiron, entre outros, o deputado de Cultura, Turismo e Patrimonio histórico, Xosé Regueira, o alcalde do Concello de Vimianzo, Manuel Antelo, concelleiros da Corporación municipal de Vimianzo e representantes dos concellos de Laxe e Ponteceso.

A asistencia de público foi numerosa xa que o cultivo do liño e a súa posterior elaboración ten unha grande importancia na Terra de Soneira.
O fío de liño, por exemplo, é un dos máis utilizados polas palilleiras da comarca na elaboración dos encaixes.
As actividades de dinamización do Castelo continuarán o vindeiro fin de semana coa representación dramatizada da historia do mesmo que desenvolverá a compañía de teatro Os Quinquilláns o domingo ás 13 e ás 17 horas.
A Mostra de artesanía en vivo, que permite ver o traballo habitual de distintos artesáns continuará aberta até mediados do mes de setembro.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X