Do 23-05-2024 ao 23-05-2024
Do 30-05-2024 ao 30-05-2024
Durante a pasada fin de semana o Castelo de Vimianzo acolleu varias actividades destinadas a todos os públicos.
O sábado pola tarde as palilleiras da Asociación As Nemanquiñas de Vimianzo desenvolveron unha panillada, ao modo tradicional, no patio.
Os oleiros de Buño que participan nas exibicións en vivo ensináronlle o seu arte aos mais cativos e cativas que puideron gozar modelando pezas de barro.
Os domingos dos meses de xullo e agosto a compañía de teatro Os Quinquilláns representan unha obra que achega aos visitantes a historia dos distintos moradores que tivo a fortaleza soneirana durante toda a historia.