Concello de Vimianzo
26 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

29-04-2015

Preto dun milleiro de persoas gozaron do XIV Xantar dos Nosos Maiores

Malia queo tempo ameazaba con augar a festa nunha mañá que anunciaba forte chuvia, os nosos maiores non quixeron faltar á súa cita no pavillón municipal de Vimianzo. Unha xornada de alegría na que os maiores de 60 anos do concello comparten xantar, conversa, baile e amizade.
Abríase o portal do pavillón pouco antes das 13 horas, unha vez que os camareiros deixaran todo disposto nas mesas. Os gaiteiros da Asociación Cultural Trubisquiña amenizaban os momentos da entrada coa música das gaitas mentres a xente ía buscando o mellor sitio nas mesas para a festa. Remataron os gaiteiros e subía ao escenario Luis Miguel Antelo, que sería o mestre de cerimonias. A música dos gaiteiros deu paso ás cantareiras, agora as mulleres da escola de pandeireta de Baíñas e Berdoias, participantes no xantar. Máis tradición viña na seguinte actuación xa que os regueifeiros Josiño da Teixeira e Suso de Xornes subiron ao escenario para deleitarnos coa súa retranca antes de darlle paso ao discurso do Alcalde que daría paso ao xantar. 
Máis de 60 camareiros facían entrada no pavillón para comezar a servir un menú, elaborado por catro restaurantes da vila, un menú que, como vén sendo habitual, coponse de empanada de bacallau e bonito, pescada á romana con ensalada e carne asada con patacas. De sobremesa rosca e flan con nata e finalmente café, caña e licor café, para manter vva a festa.
Na sobremesa novamente gaiteiros ao escenario, nesta ocasión desde Carantoña chegaron O revoltixo da Asociación Cultural San MArtiño de Carantoña. Volta de novo aos regueifeiros que pasaron polas mesas coas súas vivas coplas animando ao persoal. Mesmo houbo algún comensal que se atreveu a retalos na retranca. Quenda a continuación para tres coñecidos cantantes de Vimianzo, Jaime Lema, Suso Andrea e Rosa Oreiro, deleitaron aos presentes coas súas voces. E a música continuou da man doutros artistas vimianceses, os compoñentes da Charanga Escándalo que animaron a xente a comezar a bailar.
O Alcalde e a Concelleira de Benestar subían ao escenario no medio desta festa musical para facer o recoñecemento ás persoas máis maiores de cantos participaban nesa xornada. A máis veterana foi María Pérez Caamaño, das Casas Novas, Serramo, que en setembro fará 98 anos; e o home máis veterano, José Pereira Fernández, de Roalo (Castrelo), que pouco lle queda para chegar aos 91. Ambos os dous subiron ao escenario e emocionados dirixiron unhas palabras aos presentes. Houbo tamén sorteo de agasallos para os presentes que levaron 30 afortunados comensais aos que lle sorriu a sorte. E como fin de festa, ata que o corpo aguantou, música co Dúo Galán.
Unha xornada emocionante para todos cantos participan nel. Para os comensais, mais tamén para os traballadores que voluntariamente traballan para poder levar adiante este día de festa. Traballadores municipais, mais tamén persoas que desinteresadamente se apuntan para facer posible que os nosos maiores disfruten como merecen do seu día. Grazas a todos eles, por facelo posible e parabéns polo gran traballo feito.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico Páxina web das familias galegas Quérote
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X