Concello de Vimianzo
26 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

26-11-2014

O Concello de Vimianzo dille NON á violencia de xénero

Máis dun cento de persoas reuníronse na Praza do Concello de Vimianzo para dicirlle non á violencia de xénero.

Participaron representantes das asociacións do Concello, que fixeron entrega de candanseu lazo violeta como símbolo da repulsa ao maltrato.

O alumnado de sexto curso do CEIP San Vicenzo de Vimianzo ademáis de elaborar unha pancarta portaron un total de 54 carteis con 54 nomes, correspondentes a cada unha das vítimas de violencia de xénero durante o ano 2013.

O alumnado do IES Terra de Soneira tamén participou no acto, cada participante portou unha ilustración e recitou un lema en contra do maltrato.

Ao rematar repartíronse entre as persoas asistentes uns bolígrafos de cor violeta conmemorativos do Día internacional contra a violencia de xénero.

O alcalde, Manuel Antelo, mostrou o seu agradecemento a todas as persoas que se xuntaron para rexeitar o maltrato, o seu apoio a todas as inciativas tendentes a eliminalo da nosa sociedade e ás mulleres maltratadas animounas a buscar axuda, a deixar aos maltratadores e a denuncialos.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico Páxina web das familias galegas Quérote
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X