Concello de Vimianzo
26 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

25-10-2014

Presentación do outono gastronómico 2014

Un ano máis a hostalaría do Concello de Vimianzo organiza o Outono gastronómico que se desenvolverá entre o 1 e o 30 de novembro.

As distintas propostas abranguen a restaurantes, cafetarías e pastelarías.

Os restaurantes propoñen uns menús a o prezo de 20€ que inclúen primeiro prato, segundo prato e sobremesa. Ademáis entre todos os participantes sortearase un xantar en cada restaurante.

Participan os restaurantes Edreira, Vázquez, Casa Sabina, Pastoriza, O Castillo e Casa Paco.

As cafetarías participantes, Mehari, Quilmes, Happy Day, Casa Landeira, Regueiro, Bibendum, Celme, A Rúa e Hilton, organizarán actividades de lecer.

As pastelarías, Sampedro, Pan Ignacio, Antoxos e ChusCake, realizarán propostas especiais, centrándose na posta en valor da Bica de Vimianzo, elaborada con améndoa e chocolate e coa imaxe do castelo na parte superior.

Este evento permítenos gozar con gastronomía de tempada, manifesta a bóa saúde e a importancia dos establecementos de hostalaría para o concello e permite ao público coñecer propostas que saen dos menús gastronómicos clásicos.

Descargas

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte http://www.afiprodel.org/
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X