Concello de Vimianzo
7 de maio de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

09-06-2014

As exhibicións das escolas culturais enchen a Casa da Cultura

Unha fin de semana chea de actividades municipais no concello cunha grande asistencia de público a todas elas. Sen dúbida as clausuras de fin de curso son as citas máis agardadas do ano, que conseguen encher o auditorio da Casa da Cultura día tras día. Levamos xa desde mediados de maio pechando as actividades das escolas municipais, lembramos que a primeira actuación foi a da escola de gaita, pandeireta e percusión, e comezamos o mes do noso cos pequenos actores e actrices da Escola infantil de teatro.
Nesta fin de semana os actos culturais foron sucedéndose desde o venres na Casa da Cultura.Comezamos coa inauguración da Exposición da Escola Municipal de Arte e Panillo, unha mostra dos traballos realizados nas escolas de pintura, debuxo e panillo que se poderá ver na Sala de Exposicións Antón Mouzo ata finais de xullo. Comezou o acto do Auditorio presentado polo Alcalde que foi dando paso aos discursos da profesora de pintura e panillo, Puri Lema, e da profesora de panillo, Mercedes Lema, que deron a súa visión do curso transcorrido. Pero non só as profesoras opinaron sobre as súas ensinanzas senón que dúas alumnas de cada unha das disciplinas tiveron ocasión de falar en representación dos compañeiros. Unha vez rematados os discursos, tivemos ocasión de gozar na Sala de Exposicións Antón Mouzo dunha mostra dos traballos que se realizaron durante o curso nestas actividades. Esta exposición poderase ver ata finais de xullo.
O sábado voltamos á Casa da Cultura para gozar dunha xornada musical a cargo do alumnado das escolas de guitarra e piano, presentados polos seus profesores, Martín López e Clara de Vega. Unha tarde de aplausos ante as actuacións destes futuros artistas que conseguiron encher o Auditorio. Un auditorio que se volveu encher o domingo coa Escola Teté Teatro de Salto, o primeiro grupo de adultos en subir ao escenario. As actrices de Teté Teatro puxeron en escena unha divertida comedia Volvo axiña!, dirixidas por Toño Casais, facéndolle pasar ao público unha tarde de risas e aplausos.
Pero esta fin de semana houbo tempo tamén para o deporte, xa que malia a que o tempo non quixo acompañar, os 125 camiñantes incritos na ruta Vimianzo, o noso mar, non dubidaron en realizar a camiñata desafiando as inclemencias meteorolóxicas. Unha ruta que saía ás 9.30 da Ponte da Furaqueira cun primeiro tramao a carón do río Grande para chegar á saída ao mar do noso concello. Atravesando o monte de Carantoña, os Penedos do Piñeo, os sendeiristas chegaron a Sabadelle desde onde continuaron por un fermoso treito á beria do mar ata a praia de Boaño, no concello veciño de Laxe.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
28
29
30
31
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X