Concello de Vimianzo
7 de maio de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

19-05-2014

Tarde de música e emocións na Casa da Cultura

Xa antes da hora prevista a Casa da Cultura de Vimianzo deixaba ver o que sería unha fermosa tarde de aplausos e ovacións para os alumnos e alumnas das escolas de pandeireta, gaita e percusión. Os evidentes nervios dos artistas deixábanse notar no ambiente mentres o público agardaba expectante as actuacións. Sonia Amigo, unha das profesoras destas actividades que imparte xunto con Bea Mariño e Ismael García, foi a encargada das presentacións e a moderadora da tarde. A primeira actuación encheu o escenario, pois o grupo de gaita de adultos subiu acompañado das pandereteiras adultas do venres para tocaren o Pasodobre da Pastoriza. e dos maiores pasamos aos máis pequenos de pandeireta que arrincaron unha gran ovación do público logo de cantar "Olvídame". Alternou despois un grupo de frautistas infantil interpretando a Muiñeira dos nenos. Gaiteiros xuvenís tocaron a muiñeira de Buxos Verdes e as pandereteiras xuvenís tocaron dúas pezas de Vimianzo, a rumba de Berdoias e a Xota de Serramo. Un bo número de frautistas encheron o escenario para interpretar  a danza das Patelas, a muiñeira de Buxos Verdes e a danza do Molete. De Baíñas era o seguinte grupo de pandeireta, un grupo de nova creación cunhas fermosas e acopladas voces que cantaron Ai Sariña, Sara!. A continuación os gaiteiros adultos que amenizan tantas festas do concello, tocaban o pasodobre de Mallou. Novamente a quenda da pandeireta, primeiro  o grupo xuvenil que tocaron e cantaron o maneo e a muiñeira de Sofán, e despois o grupo de adultas de Berdoias, coa veterana Carmen á fronte, que cantaron Ai Dolores! e a muiñeira de Berdoias. De novo cambio de instrumento, os frautistas xuvenís co pasodobre de Meira e os gaiteiros xuvenís, aos que comezamos a ver xa nalgunha actuación polo concello, tocando o pasodobre dos Cabezudos. A continuación unha actuación moi esperada polos profesores, a estrea de tres novas promesas da percusión, que tocaron acompañados polos mestres de gaita a rumba dos cinco mariñeiros. Os grupos de pandereireta de adultos interpretaron a continuación o pasodobre de Calo e a xota de Berdoias, un grupo, e a rumnba e xota de Berdeogas, o outro. Quenda final de gaitas, xa co grupo de adultos que comezaron o Cuarteto irmandiño con Vira o pé e rumba o Chimpo, seguiron o Quinteto Trubisquiña, coa muiñeira de Santo Antón, e, todos xuntos, como broche final da xornada, interpretaron a Muiñeira dos Maleantes.
As actuacións chegaron ao remate e iniciouse a quenda dos discursos improvisados: os profesores agradecendo ao concello e aos alumnos, unha representante dos alumnos que actuou de portavoz dos compañeiros para dedicarlle unhas fermosas palabras aos mestres e, finalmente, o Alcalde, que tivo mostras de agradecemento para profesores e alumnos e para o público que enchía o auditorio.
A seguinte cita coas escolas culturais, logo do parón por mor das eleccións ao parlamento europeo, será o domingo 1 de xuño coa actuación dos grupos infantís de teatro, ás 18.30 horas. 
Máis o sábado 31 unha importante cita levaranos de novo ao Auditorio para participar da Gala de presentación do XIX Asalto ao Castelo, o principal evento do verán vimiancés que xa está quentando motores.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
28
29
30
31
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X