Concello de Vimianzo
5 de maio de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

07-04-2014

Grande éxito da poxa solidaria de cadros da Escola Municipal de Arte

Había tempo que na Escola Municipal de Arte viñan falando de realizar unha poxa solidaria con dobre finalidade. Por un lado xuntar cartos para doar a Cáritas Vimianzo que xestionaría o seu uso colaborando deste xeito coas familias máis necesitadas do noso concello axudando a cubrir as necesidades básicas. Pero por outro lado dar a coñecer o traballo que se realiza nesta Escola de Arte, máis alá da tradicional exposición que se realiza no final de curso. As dúas finalidades desta iniciativa foron amplamente cumpridas.
O día 20 de abril abriamos o período de poxa con 22 cadros doados, desinteresadamente, polo alumnado da Escola. Cada unha das alumnas e alumnos, cedía unha obra realizada co maior dos esmeros, para que alguén puidese mercala. Durante dez días estivo aberto o período de poxa a través da páxina web www.vimianzosolidario.es, na que se recibiron poxas non só dos veciños e veciñas de Vimianzo, coñecedores directos desta iniciativa, senón de diferentes puntos de dentro e fóra de Galicia. Deste xeito houbo cadros que recibiron poxas de Ponferrada, Bilbao ou Madrid, cidade esta a onde irán destinados dous dos cadros de dúas artistas vimiancesas, chegando un deles a ser vendido polo valor de 350€.
O día 30 pechábase a poxa cun magnífico resultado, dez dos 22 cadros tiñan un adxudicatario e a cantidade que se conseguira para doara Cáritas ascendía a 936€.
O venres 4 de abril nun pequeno acto na Sala de Exposicións Antón Mouzo, onde estiveron expostos os cadros durante o período en que a poxa estivo vixente, déronse a coñecer os adxudicatarios dos cadros, así como os artistas que doaron as súas obras. Neste mesmo acto a profesora da Escola de Arte, Puri Lema, xunto co Alcalde, facían entrega aos representantes de Cáritas Vimianzo, dun cheque simbólico por valor de 936€, cantidade total resultante da poxa benéfica.
Houbo palabras de agradecemento e orgullo por parte do Alcalde, da profesora e de Cáritas, que animaron aos futuros artistas a pensar en repetir a experiencia noutra ocasión, partindo da experiencia aprendida nesta e mellorando moitos dos aspectos que se escapan cando se organiza un evento por vez primeira.
Desde o Concello de Vimianzo queremos agradecer á Escola de Arte que puxeran o seu traballo á disposición desta fermosa inicaitiva, sabendo o tempo, o  material e o cariño que puxeron nos cadros; agradecer tamén a todas as persoas que vistaron a páxina web e a Sala de Exposicións para ver estes cadros, a todos cantos realizaron unha poxa, gañadora ou non, para contribuír a esta iniciativa, e a todso cantos axudaron a difundila de diferentes xeitos. E queremos dar os parabéns aos adxudicatarios dos cadros que levan unha obra única e, sobre todo, aos artistas.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
28
29
30
31
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X